DOMANI LAVORO (maña traballo), así rezaba o lema da campaña electoral dun partido político italiano e así se titula este proxecto de Paco Rocha. Domani Lavoro é fruto dun exhaustivo traballo por distintas cidades de Italia, no que plasma, a través do emprego do branco e negro tradicional, tanto imaxes do entorno coma retratos, o que permite ao espectador situarse no contexto no que se desenvolven as distintas persoas retratadas e reflectir e contrastar distintos aspectos das cidades, dende o encanto das “tarxetas de presentación” ata as partes máis “ocultas” das mesmas fóra dos percorridos turísticos. Esta serie de fotografías en branco e negro pode dividirse en duas partes, inda que en moitos casos ambas aparecen mezcladas. Na primeira, o esforzo do autor céntrase nas persoaxes, na presencia human, aquela da que é imposible fuxir, que nos acompaña alá a donde vaiamos e que provoca a curiosidade de ter diante a xente totalmente descoñecida e totalmente semellante a un mesmo. Estas persoaxes traballan, pasean ou simplemente falan entre eles, ocupan o seu posto en cada escenario provocando que éste resulte inútil sen a sua presenza. Ademáis, Domani Lavoro profundiza sobre todo na propia mirada do fotógrafo, que recolle dun modo máis rotundo que en traballos anteriores, diferentes sentementos de tenrura, complicidade, sospeita… a través dos xestos sinxelos e sinceros destas persoas. De outra parte, en determinadas fotografías a mirada párase únicamente no que o rodea coma único protagonista, xerando no espectador a sensación de espazos pechados, case claustrofóbicos nos que aínda, hai unha claridade, unha esperanza ao final. Imaxes coma a da ruela de Pisa ou a das ruinas do Coliseo romano dannos bo exemplo do que aquí se explica, imaxes, xunto con outras da serie, nas que o autor busca incansable puntos de fuxida para as persoas. Pero, como deciamos en párrafos anteriores, ás veces resulta difícil separar o medio das persoaxes, de ahí que tamén obxectos inanimados e os edificios e a súa relación coas persoas teñan relevancia neste traballo. Deste xeito, a inclusión dalgún persoaxe na fotografía dunha “naturaleza morta” dota de forza a mirada e busca un estraño sentido entre os obxectos fotografados e as persoas: a importancia da imaxe vaise cara ó obxecto cando o natural sería ollar para os seres que están no encadre.